
O acoso escolar é unha conducta de persecución física e/pi psicolóxica que realiza un alumno ou alumna contra outro, ao que elixe como vítima de varios ataques. Trátase dunha situación continuada no tempo e de grande intensidade, na que unha das partes se sente poderosa e asume o papel de agresor ou acosador, en tanto que a ooutra, máis vulnerable, asume o papel de vítima ou acosada.
Non debe confundirse unha situación de acoso escolar con pelexas puntuais ou con situacións nas que as dúas partes se atopan en situacións de iualdade.
O ciberacoso é o uso das redes sociais , correo electrónico, blogs e outros ámbitos das tecnoloxías da información e da comunicación en presuízo dunha ou máis persoas, ou da súa imaxe pública.
ten moito máis alcance tanto na difusión espacial coma temporal, cunha continuidade que poder ser permanente e non limitada ao horario escolar.
-
Perda de confianza e autoestima.
-
Fobia ao centro.
-
Ansiedade e Depresión.
-
Fracaso escolar.
-
Problemas de personalidade.
-
Infelicidade.
-
Trauma psicolóxico
Para a identificación destes síntomas resulta fundamental a colaboración das familias.
Calquera membro da comunidade educativa, alumnado, profesorado, familias, persoal non docente, que teña coñecemento ou sospeitas dunha situación de acoso sobre algún alumno ou alumna, ten a obrigación de poñelo en coñecemento do titor ou titora do menor no centro educativo, quen lle trasladará a información ao director ou director.
É imprescindible coidar a confidencialidade e a discreción nos procesos de comunicación.

