top of page
DEFICIENCIA AUDITIVA

A discapacidade auditiva defínese como a dificultade que presentan algunhas persoas para participar en actividades propias da vida cotiá, que xorde como consecuencia da interacción entre unha dificultade específica para percibir os sons a través da audición e as barreiras presentes no contexto no que se desenvolve a persoa. A discapacidade auditiva, non depende, polo tanto, unicamente das características físicas ou biolóxicas da persoa, senón que se trata máis ben dunha condición que emerxe produto da súa interacción no contexto familiar, escolar, social... A discapacidade auditiva pode ser de orixe xenética ou hereditaria (conxénita ou tardía) ou ben adquirida (exposición prolongada a ruídos fortes, traumatismos, otite de repetición, exposición a ototóxicos ou presbiacusia -perda de audición propia da idade- e outras enfermidades). En moitas ocasións empregamos os termos xordeira, perda auditiva ou discapacidade auditiva como sinónimos, cando o certo é que existen diferentes tipos e graos, e que non todas as persoas presentan as mesmas características nin teñen as mesmas necesidades. 

SINAIS DE ALERTA NO ÁMBITO FAMILIAR

De 0 a 3 meses

  • Ante un son non se aprecian no neno o na nena respostas reflexas tales como: axitación , pestanexo ou que esperte.

  • Non se tranquiliza coa voz dos pais.

  • Non reacciona ante sons dun timbre ou campá.

  • Emite sons monocordes.

De 3 a 6 meses

  • Mantense indiferente aos ruídos cotiáns e familiares.

  • Non se orienta cara a voz do pai ou da nai.

  • Non resposta con emisións á voz humana.

  • Non emite sons guturais para facer chamadas de atención.

  • Non fai soar os axóuxeres cando os ten preto da man.

De 6 a 9 meses

  • Non emite (pa, ma, ta, …). 

  • Non fai vocalizacións para chamar a atención, golpea obxectos para producir sons mediante vibración.

  • Non xoga coas vocalizacións, repetíndoas e imitando ao adulto.

  • Non atende ao seu nome.

  • Non fai acenos cando se despide.

De 9 a 12 meses

  • Non recoñece palabras familiares.

  • Non entende a negación. 

De 12 a 18 meses

  • Non di “papá” e “mamá” con contido semántico.

  • Non localiza a fonte de son.

  • Non sinala obxectos e persoas familiares cando se lle nomean.

  • Non se entreten emitindo e escoitando sons.

De 18 a 24 meses

  • Non coñece o seu nome.

  • Non comprende ordes sinxelas se non van acompañadas de xestos.

  • Non lle chaman a atención os contos.

  • Non identifica partes do corpo.

De 24 a 36 meses

  • Non se expresa con frases sinxelas

  • Non entende ordes sinxelas.

  • Non é quen de empregar as partículas interrogativas nas conversas: quen?, como?

De 3 a 4 anos

  • Non se lle entenden as palabras cando emite.

  • Non contesta a preguntas sinxelas.

  • Non é quen de repetir frases. De 4 a 5 anos

  • Non é quen de contar o que lle pasa.

  • Non é quen de manter unha conversa sinxela.

  • Non se produce un aumento significativo de vocabulario.

  • Non presta atención cando se lle narra un conto.

  • Non articula a meirande parte dos sons.

  • Non comprende as ideas principais dun texto.

De 5 a 6 anos

  • Non articula correctamente a meirande parte dos fonemas.

  • Non comprende os aspectos fundamentais dunha contorna.

  • Non é quen de narrar unha breve historia de xeito intelixible.

O diagnóstico da discapacidade auditiva é competencia dos servizos sanitarios. O máis habitual é que os nenos e as nenas cheguen á escola coa perda auditiva detectada, que teñan un diagnóstico médico e que xa teñan corrección audioprotésica ou logopédica, segundo os casos.

A información procedente dos servizos médicos debe ser trasladada pola familia ao centro educativo no momento de facer a reserva de praza.

 

O alumnado con discapacidade auditiva pode optar á reserva de praza pola opción de ANEAE, segundo recolle a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Esta reserva iniciará o procedemento dun ditame de escolarización. Cando ao longo da escolarización do alumno ou da alumna se detecte ou diagnostique perda auditiva A partir dese momento iniciarase o procedemento de avaliación psicopedagóxica por parte do departamento de orientación.

DIAGNÓSTICO

EDIA.jpg

VISITA A WEB DO PROXECTO EDIA

bottom of page