
A dislexia audiolingüística ou disfonética (Boder, 1973) é a máis frecuente e comporta dificultades na correcta correspondencia da letra co seu son. Por iso, os seus erros principais móstranse a nivel de substitucións semánticas, cambiando unha palabra por outra de sentido semellante. Tamén se producen erros de adicións e omisións.
O neno ou a nena le palabras familiares rapidamente, pero non identifica os seus fonemas, co que tamén lle resultan difíciles de ler as palabras de baixa frecuencia. Estes nenos e nenas, en xeral, len rápido, pero imprecisos.
(Bakker, 1992).
A dislexia viso-espacial ou diseidética (Boder, 1973) implica dificultades en tarefas de percepción e discriminación visual da palabra global. Os erros máis frecuentes son os de tipo fonético, substituíndose unha palabra ou un fonema por outro semellante.
Tamén se producen repeticións, rotacións e inversións. Ademais, cústalles recoñecer, de maneira adecuada, o conxunto de letras que compoñen a palabra, polo que as teñen que descompoñer en letras e sílabas. Neuropsicoloxicamente, o resultado é unha lectura lenta e/ou torpe, pero máis precisa. (Bakker, 1992).
Os subtipos xerais de dislexia viso-espacial e audiolingüística non son independentes. De feito, existen moitos alumnos e alumnas que mostran problemas en ambas, con graos variables de afectación dunha e outra, o que pon de manifesto que non hai unha descontinuidade entre estes dous subtipos principais


CONSULTA NESTE ENLACE INFORMACIÓN SOBRE OS RECURSOS QUE PRESENTAMOS
-
BREAL DISLEXIA
-
EL RINCÓN DEL PT DEL SANSUEÑA
-
LA DISLEXIA.NET
-
DISL3XIA
-
LA PSICO-GOLOTECA
-
MAGIA LECTORA
-
DISLEXIA JAÉN
-
DISFAM DISLEXIA Y FAMILIA
-
DISANEDU
-
ASÓMATE A MI MUNDO MÁS ALLÁ DE LAS PALABRAS
-
PTYAL








.jpg)

VISITA A WEB DO PROXECTO EDIA