top of page

T.D.A.H

O trastorno por déficit de atención e hiperactividade é un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza a manifestarse ao longo da infancia e que inflúe negativamente no funcionamento e no desenvolvemento das nenas, dos nenos e dos adolescentes afectados.
A desatención obsérvase na existencia de comportamentos como a dificultade para manter a  concentración nas tarefas, a falta de perseveranza durante a súa realización e a desorganización.

A hiperactividade refírese ao exceso de mobilidade e á inquietude constante.

E a impulsividade ten que ver coas actuacións sen pensar nas consecuencias, coa procura da recompensa inmediata, así como á dificultade para agardar polos beneficios que se demoran no tempo.

A idade na que estas manifestacións comezan a ser evidentes varía duns casos a outros. Nalgúns, as características son notorias dende os primeiros anos de vida, mentres que noutros non afloran, de maneira ostensible, ata a idade escolar.

MANIFESTACIÓNS TDAH
EDIA.jpg

VISITA A WEB DO PROXECTO EDIA

bottom of page