top of page

Enténdese a ATENCIÓN TEMPERÁ como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo darlles resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou 
permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. 

O Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá, expón a necesidade de crear un espazo común de coordinación e corresponsabilidade entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais na procura dunha acción integral, destinada a satisfacer os dereitos e necesidades dos/as nenos/as con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e as súas familias.

A atención temperá se desenvolve como unha atención especializada, multidisciplinar, e as actuacións terán un carácter multidimensional e biopsicosocial mediante equipamentos interdisciplinarios especializados en desenvolvemento infantil de 0 a 6 anos, que seguirán un modelo metodolóxico común de actuación: 


a) Detección precoz dos trastornos do desenvolvemento ou das situacións de risco de padecelos. (detección realizada pola familia, pola escola Infantil, nos servicios sociais ou nos recursos sanitarios de atención primaria)


b) Valoración e intervención a través das fases de acollida, valoración, intervención e avaliación.  


c) Identificación e rexistro do trastorno do desenvolvemento, competencias persoais, factores contextuais, barreiras e facilitadores para o progreso.


d) Elaboración e seguimento dun plan personalizado de intervención e formulación coa familia dun contrato asistencial de actividades e apoios específicos. 


e) Coordinación cos recursos dos servizos sociais, educativos e sanitarios relacionados cos procesos referidos. 


f) Autonomía persoal: consideración permanente das persoas estinatarias como suxeitos activos das actuacións que traten de facilitar o seu desenvolvemento persoal. 


g) Atención personalizada: adecuación flexible do servizo ás situacións e necesidades particulares das persoas destinatarias. 


h) Atención especializada multidisciplinar: as actuacións terán un carácter multidimensional e biopsicosocial mediante equipos multidisciplinarios especializados en desenvolvemento infantil de 0 a 6 anos.  
 

atemprana.jpg
atempranacuadro.jpg
bottom of page