
O alumnado con TEA presenta afectación nas seguintes dimensións:
a) Deficiencias na comunicación e interacción social.
-
Deficiencia na reprocidade socioemocional.
-
Deficiencias na comunicación non verbal.
b) Patróns restritivos e repetitivos de comportamento, actividades e intereses.
-
Movementos, utilización de obxectos ou fala estereotipadas ou repetitivas.
-
Monotonía e inflexibilidade de rutinas.
-
Intereses restrinxidos e fixos.
-
Hiper ou hiporreactividade a estímulos sensoriais.
c) Os síntomas deben estar presentes nas primeiras fases do desenvolvemento. Aínda que poden non manifestarse ata que a demanda social supere as capacidades limitadas.
d) Os síntomas causan unha deteriorización clinicamente significativa no social, laboral e outras áreas importantes. e) Todas estas alteracións non se explican mellor polo trastorno do desenvolvemento intelectual ou polo retraso global do desenvolvemento.
Hai tres niveis de gravidade:
Nivel 1: require axuda.
Nivel 2: require axuda considerable.
Nivel 3: requiere axuda moi considerable.
VIDEOS
Indicadores que nos permitirán deducir que nos atopamos ante un caso de TEA
a) Alteracións na comunicación:
-
Déficit no desenvolvemento da linguaxe, especialmente na comprensión.
-
Mutismo.
-
Ecolalia.
-
Comprensión literal.
-
Vocabulario inusual.
-
Reiteracións.
-
Dificultades para iniciar ou manter unha conversa, ou mantela de forma apropiada (vaise do tema, toma as cousas ao pé da letra, di cousas que non veñen a conto, etc.).
-
Interese inusual por algún tema especial.
b) Alteracións sociais.
-
Escasa relación cos compañeiros e coas compañeiras, non comparten intereses, manifesta preferencia por estar só ou soa e mostra dificultade para comprender os sentimentos noutras persoas.
-
Dificultades para adaptar o seu estilo de comunicación ás situacións sociais, que pode ser demasiado formal ou inapropiadamente familiar.
-
Reducido xogo imaxinativo flexible ou creativo.
-
Pode manifestar agresividade e condutas disruptivas.
-
Falta de cumprimento das normas de clase.
-
Fracaso na relación normal con persoas adultas (demasiado intensa ou inexistente).
-
Reaccións extremas ante a invasión do seu espazo persoal ou mental (resistencia intensa cando se fai presión con consignas distintas ao seu foco de interese).
c) Alteracións nos intereses, actividades, comportamentos e condutas.
-
Ausencia de flexibilidade e de xogo imaxinativo e cooperativo.
-
Dificultade de organización en espazos pouco estruturados.
-
Falta de habilidade para desenvolverse nos cambios ou situacións pouco estruturadas, incluso aquelas nas que os nenos e as nenas gozan (por exemplo, excursións do colexio, ausencia dun profesor ou profesora, etc.)
d) Outros rasgos.
-
Perfil inusual de habilidades e deficiencias.
-
Déficit social e motor.
-
Lectura e vocabulario por enriba da idade.
-
Respostas inusuais aos estímulos sensoriais (visual e/ou olfactivo).
-
Calquera historia significativa de perda de habilidades.
VISITA A WEB DO PROXECTO EDIA
(ASPERGER)
VISITA A WEB DO PROXECTO EDIA
(AUTISMO)