
O termo atención educativa hospitalaria fai referencia ao conxunto de accións que se desenvolven nas aulas hospitalarias para compensar a desvantaxe educativa que presenta o alumnado que permanece hospitalizado durante períodos prolongados por motivos de enfermidade ou accidente. Así mesmo contempla a atención educativa ao alumnado que, sen estar hospitalizado, recibe atención médica no hospital de día.
As alumnas e alumnos en réxime hospitalario manteñen a súa escolarización para efectos de avaliación e promoción nos centros de orixe. É por iso polo que o profesorado destas aulas deberá estar en coordinación estreita coa titoría, co departamento de orientación e, no seu caso, co profesorado do centro de referencia, que é o que deberá orientar o programa educativo.
PONTEVEDRA
Centro Hospitalario de Vigo-Hospital Xeral “Cíes”
Rúa Pizarro s/n – Vigo, Pontevedra
Tlfno 986 81 60 00
Xeral-Ext: 15203 escola
Correo electrónico: ah.xeralcies@edu.xunta.es
PONTEVEDRA
Hospital Provincial de Pontevedra
Rúa Loureiro Crespo, 2 36002 Pontevedra Tlfno: 986 80 70 22
Correo electrónico: ah.provincialpontevedra@edu.xunta.es
Responde a esta denominación a atención educativa que recibe o alumnado cando, despois de padecer unha enfermidade ou de sufrir un accidente, e por prescrición facultativa, deba permanecer convalecente no domicilio familiar, sen poder asistir ao centro educativo durante un período de tempo superior a un mes. O servizo de atención educativa domiciliaria está concibido para aquel alumnado que estea matriculado en niveis do ensino obrigatorio en réxime xeral, aínda que se poderá atender o alumnado de educación infantil e secundaria postobrigatoria se o caso o require e se se dispón dos recursos necesarios.
As condicións e requisitos que se deben cumprir son os que seguen:
■ O período de convalecencia no domicilio familiar e de non asistencia ao centro escolar por prescrición facultativa deberá ser polo menos dun mes ininterrompido.
■ Deberase presentar no centro educativo o correspondente informe médico que xustifique a medida así, como a estimación do período de tempo durante o cal o alumnado non pode asistir a clase no seu propio centro escolar.
■ A solicitude de atención educativa domiciliaria deberá ser tramitada pola dirección do centro educativo ante a Delegación Provincial da Consellería de Educación Ordenación Universitaria a través da Inspección Educativa.
O PAPEL DAS FAMILIAS
■Presentar a correspondente solicitude na dirección do centro de ensino ao que acode.
■ Animar o alumnado a centrar o seu esforzo diario en continuar coa súa aprendizaxe.
■ Asegurar a presenza dalgún familiar no domicilio durante o horario de clases.
■ Facilitar información relevante sobre o seu estado de ánimo, intereses, hábitos, competencias e calquera outro dato que poida ser de axuda ao profesorado de atención domiciliaria.
■ Crear hábitos de vida similares aos de calquera persoa da súa idade.
■ Valorar o traballo do profesorado domiciliario e o esforzo do neno ou nena enferma.