top of page
EDIA.jpg

VISITA A WEB DO PROXECTO EDIA

tel.jpg

ATELGA

É un trastorno que evoluciona favorablemente, pero require tempo e traballo. É fundamental unha terapia logopédica precoz, intensiva e de longa duración, con total implicación da familia e da escola. Acadar a normalidade social na idade adulta vai depender da gravidade do trastorno, da axuda recibida e da intelixencia dos nenos.

O TEL é un trastorno que afecta principalmenteá adquisición e desenvolvemento da linguaxeoral, e que se pode caracterizar polos dez seguintes atributos:

Cualifícase como específico da linguaxe porque non hai evidencia dun déficit intelectual, trastorno emocional, lesión neurolóxica, déficit sensorial ou un problema motor ou sociofamiliar que poida servir para explicar as dificultades da linguaxe das persoas afectadas.

É un trastorno duradeiro que afecta á adquisición da linguaxe dende os seus inicios, prolóngase durante a infancia ea adolescencia, podendo deixar secuelas significativas na idade adulta.

 

Non é un simple atraso na adquisición da linguaxe. @s nen@s con TEL adquírena tarde, pero o seu desenvolvemento segue logo un patrón distinto do habitual, que complica o seu prognóstico e tratamento.

 

As características do TEL poden variar moito dun nen@ a outr@. Pode afectar a un, a varios ou a todos os compoñentesda linguaxe e facelo ademais con distintos graos de severidade. 

O perfil de dificultades e habilidades das persoas afectadas evoluciona co tempo. Adoitan superarse uns problemas e aparecer outros novos a medida que @s nen@s avanzan nos seus ámbitos sociais e escolares.

No TEL o problema principal está na linguaxe oral, pero a maioría d@s afectad@s presenta problemas en máis áreas do desenvolvemento. 

As persoas con TEL poden falar, polo que os seus problemas non sempre van resultar evidentes. O TEL provoca unha discapacidade que adoita ser recoñecida pola Administración, polo que o alumnado con TEL forma parte do colectivo de alumnos con necesidades educativas especiais (NEE).

O TEL é un trastorno do neurodesenvolvemento que se transmite xeneticamente. Diferentes estudos apuntan cara unha maior probabilidade de desenvolver TEL en nen@s con antecedentes familiares de trastornos da linguaxe.

bottom of page