top of page
DISCAPACIDADE MOTORA

 As discapacidades motoras abranguen un grupo de alteracións do aparello motor (ósos, articulacións, músculos ou sistema nervioso implicado na regulación da mobilidade), debidas a diferentes causas, en graos e formas variables e que de maneira transitoria ou permanente supoñen algunha limitación ou imposibilidade funcional para unha persoa. 

​

Xunto coas disfuncións propias do aparello motor, poden presentarse algúns trastornos asociados. Os máis habituais son os seguintes:  Alteracións sensoriais (visión, audición). 

Trastornos neurolóxicos.

Dificultades na percepción.

Alteracións da linguaxe.

Dificultades cognitivas e de atención.

Alteracións emocionais e socioafectivas.

Doctor hablando con niño en silla de rue
CHEGADA AO CENTRO ESCOLAR

A etapa escolar destes rapaces e rapazas iníciase a partir dunha avaliación psicopedagóxica por parte do Departamento de Orientación dos centros educativos, valoración que resulta imprescindible para poder tomar decisións e ofrecer propostas de intervención.

Dentro dun enfoque de traballo interdisciplinar, é necesario recadar toda a información útil e relevante dende un punto de vista educativo sobre o neno e a nena e o seu contorno, coas achegas da familia e dos profesionais que participan no seu proceso de desenvolvemento, tamén a información derivada dos ámbitos clínico-neurolóxico, motriz-corporal, cognitivo, comunicativo, afectivo e socio-familiar; procurando que a focalización do estudo no ámbito motriz non supoña o descoido doutras dimensións da persoa.

Grupo multiétnico de amigos
MODALIDADES DE ESCOLARIZACIÓN

A escolarización do alumnado con discapacidade motora ten que considerar, ademais das necesidades educativas persoais de cada alumno ou alumna, outras variables como son as características do centro escolar ou a dispoñibilidade de recursos específicos. 

 

Centro ordinario: como norma xeral, será escolarizado nos centros educativos ordinarios, coas adaptacións, apoios e axustes pedagóxicos que cumpran, e nas mesmas condicións e prazos de admisión que o resto do alumnado.

 

Centro ordinario de escolarización preferente para alumnado con discapacidade motora: son centros que, polas súas características, equipamentos, recursos e servizos complementarios, permiten ofrecer unha atención educativa específica e axustada ás necesidades deste alumnado, polo que terá preferencia para ser escolarizado neles.

 

Centro específico de educación especial: ten como finalidade principal a escolarización do alumnado que, pola gravidade, tipoloxía ou permanencia das súas necesidades educativas, requira recursos excepcionais e atencións especializadas que non poidan proporcionarse en contextos ordinarios.

 

Aula específica de educación especial nun centro ordinario: son aulas situadas en centros ordinarios que a Administración educativa pode determinar, tendo en conta, entre outros criterios, a oferta educativa existente na zona.

​

Atención educativa hospitalaria e domiciliaria como medidas para darlle continuidade ao proceso formativo do alumnado en escolarización obrigatoria que, por prescrición facultativa, non poida asistir de xeito habitual e continuo ao seu centro escolar.

VISITA A WEB DO PROXECTO EDIA

EDIA.jpg

VISITA A WEB DO

PROXECTO EDIA

VISITA A WEB DO

PROXECTO EDIA

VISITA A WEB DO

PROXECTO EDIA

bottom of page