
Existen unha serie de características específicas que, en maior ou menor número, se soen dar nos sobredotados/as e en alumnos/as con altas capacidades:
-
Dominan e lembran rapidamente a información.
-
Teñen unha curiosidade excepcional.
-
Boa comprensión da relación causa-efecto.
-
Formulan preguntas minuciosas diferentes ás dos seus iguais.
-
Captan con facilidade a información implícita cun mínimo de explicación.
-
Mostran facilidade para xeneralizar e extraer os aspectos importantes dunha complexidade.
-
Establecen relacións inusuais diferentes ás convencionais.
-
Pasan do concreto ao abstracto con facilidade.
-
Son perseverantes en finalizar as tarefas.
-
Mostran gozo intelectual: imaxinan, fantasían, manipulan ideas...
-
Len con moita rapidez e teñen unha comprensión moi elevada.
-
Aprenden con facilidade e rapidez cando están interesados.
-
A súa memoria non é simplemente repetitiva.
-
Relacionan, interpretan datos e elaboran novas ideas.
-
Presentan unha capacidade cognitiva excepcional para aprender, reter e utilizar a información.
-
Manteñen durante longos períodos de tempo o interese por unha ou varias áreas de coñecemento. Son creativos e imaxinativos.
-
Son autónomos no seu traballo.
-
Teñen alta motivación persoal.
-
Mostran capacidade de liderado. Sensibilidade social.
-
Demostran fino sentido do humor.
-
Son autocríticos e críticos.
-
Teñen unha excelente capacidade para captar aquela información que os outros non captan.
-
Ven conexións entre conceptos diferentes.
-
Producen traballos únicos e sorprendentes.
-
Mostran destreza superior para resolver problemas, aos que se enfrontan como un reto persoal.
-
Incorporan á linguaxe oral un vocabulario avanzado que, utilizado de modo axeitado, é unha estrutura lingüística complexa.
-
Demostran comprensión e elaboración excepcional de ideas complexas.
-
Presentan un nivel elevado de indagación.
-
Teñen flexibilidade de pensamento.
-
Mostran gran curiosidade orientada á comprensión. Tratan de atopar o sentido das cousas, non memorizalas de forma mecánica.
-
www.ucm.es/info/rsef/oef (olimpíadas de física)
VISITA A WEB DO PROXECTO EDIA