top of page
DISCAPACIDADE VISUAL

O termo discapacidade visual refírese ás alteracións nas funcións sensoriais visuais, nas estruturas do ollo ou do sistema nervioso que limitan a persoa principalmente na execución e participación en actividades que impliquen o uso da visión. Engloba calquera tipo de problema visual grave, xa sexa carencia ou limitación da capacidade de visión.

TIPOS DE DEFICIENCIA VISUAL

Con carácter xeral, para clasificar as persoas con deficiencias visuais empréganse os seguintes niveis de discapacidade visual:

 

■ Cegueira total (CT): determina que a persoa ten unha perda total da visión e necesidade de confiar en recursos e habilidades substitutivas da visión.

 

■ Deficiencia visual profunda (DVP): se a persoa ten carencia de visión ou unha gran dificultade para realizar tarefas visuais grosas. 10

 

■ Deficiencia visual severa (DVS): cando a persoa ten a posibilidade de realizar tarefas visuais con inexactitudes, polo que require recursos ópticos, adecuación de tempo e apoios específicos.

 

■ Deficiencia visual moderada (DVM): se a persoa percibe obxectos e caracteres impresos a poucos centímetros sen necesidade de axudas ópticas específicas.

Examen de ojos

A discapacidade visual pode ser detectada e valorada dende diversos ámbitos, como son a familia, a escola, os servizos sanitarios, os servizos sociais, etc. Unha vez realizada unha primeira detección, é imprescindible solicitar a intervención de diversos profesionais da oftalmoloxía, ademais do profesorado e da familia, co obxecto de que, coa debida coordinación e colaboración, proporcionen a información necesaria para ratificar a detección, valorar a perda visual e colaborar na atención e estimulación visual.

lectura Braille
MODALIDADES DE ESCOLARIZACIÓN

Partimos de que este alumnado ten dificultades para acceder ás experiencias de ensinanza-aprendizaxe. Por isto require que lle adecuen as condicións no centro de ensinanza e na aula ás súas circunstancias para facilitar a aprendizaxe.

Con carácter xeral, ofrécese a escolarización nun centro de ensinanza ordinario que imparte ensinanzas non universitarias, xunto coa colaboración no apoio e atención específica dos profesionais do centro onde está escolarizado e dos profesionais do centro de recursos educativos da ONCE.

Se o alumnado con discapacidade visual ten asociadas outras discapacidades ou trastornos de carácter grave que requiren de atencións e apoios moi específicos e adaptados que non poden ser adecuadamente atendidos no centro de ensinanza ordinario, ofrécese:

 

Escolarización nun centro de ensinanza ordinario de escolarización preferente, onde hai maiores recursos específicos para atención a alumnado con necesidades derivadas de discapacidade. 

 

Escolarización nun centro de educación especial ou nunha unidade específica de educación especial en centro ordinario, con atencións educativas moi personalizadas e recursos moi específicos.

 

Escolarización combinada, como oferta educativa que se realiza dende dous centros de ensinanza, un centro ordinario e un centro ou unha unidade específica de educación especial, para recibir unha combinación de atención ordinaria e específica.

BUSCANDO AXUDA

 Para solicitar máis información, no contorno educativo, dirixirse a:

■ Centros de ensinanza.

■ Servizos provinciais de Inspección Educativa.

■ Equipos de orientación específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Equipo de Orientación Específico de Pontevedra Avenida de Montero Ríos, s/n 36003 Pontevedra Tel. 986 805 972 - 986 805 655 eoe.pontevedra@edu.xunta.es

EDIA.jpg

VISITA A WEB DO PROXECTO EDIA

bottom of page