top of page
IDENTIDADE DE XÉNERO

Toda persoa é clasificada no momento do nacemento como home ou muller o cal, nas persoas transexuais, xera un conflito ao estar clasificadas dentro dun sexo que non perciben como propio.

Algúns termos de interese a este respecto son:

Expresión de xénero: formas de manifestar o xénero dunha persoa, que se manifesta nas maneiras de falar, mostrarse ante outras persoas, vestirse, a elección de xoguetes ou as actividades que prefire.

Identidade de xénero: é o sentimento íntimo de identificación como home ou muller, independentemente dos xenitais ou a dotación cromosómica que a persoa posúa.

Identidade rexistral: é a que se fai no momento do nacemento.

Transexualidade: é a situación na que se atopan as persoas cuxa identidade rexistral non coincide coa súa identidade de xénero. ‣ Cisexualidade: é a situación na que se atopan as persoas nas que as súas identidades, rexistral e de xénero, son coincidentes.

Orientación sexual: é a atracción emocional, romántica, sexual ou afectiva cara a outras persoas. É importante destacar que a condición de persoa transexual non é deliberada ou caprichosa.

 

Tampouco é un trastorno mental nin do comportamento. É unha condición coa que se nace, que pode manifestarse a partir dos dous anos e medio, pola que o sexo sentido ou psicolóxico, que é o que realmente determina a identidade, non coincide co fisiolóxico ou aparente.

A identidade de xénero tamén reside no cerebro, formándose arredor dos 3-4 anos de idade. Unha vez determinada é irreversible e invariable.

A manifestación en menores de desconformidade coa sua identidade de xénero pode supoñer, en determinados casos, unha situación de especial vulnerabilidade e chegar a provocar problemas como o rexeitamento social ou mesmo acoso por parte dos compañeiros e das compañeiras, que incide nas experiencias educativas.

Niños felices
bottom of page